Co obxectivo de facilitar o desenvolvemento da Avaliación de Diagnóstico, estase a crear unha listaxe de profesorado interesado en participar na corrección de contraste das distintas probas.
A inscrición nesta listaxe é de carácter voluntario e expresa a súa disposición a colaborar neste proceso. Non obstante, o feito de inscribirse non garante a participación, xa que a selección final dependerá das necesidades e dos criterios que consideren oportunos as presidencias das distintas comisóns de coordinación territorial. En calquera caso, poderá priorizarase aquel profesorado que teña experiencia previa nestas tarefas, que tivese colaborado activamente no desenvolvemento da Avaliación de Diagnóstico no seu centro educativo e que teña (ou se comprometa a ter) sinatura electrónica.
Agradecemos a súa colaboración e implicación neste proceso.
Por favor, cubra os seguintes datos para formalizar a súa inscrición.
Nesta enquisa hai 9 preguntas.